A malignidade é a tendencia dunha doenza, especialmente tumores, de se converteren progresivamente peores e potencialmente causar a morte. É caracterizada polas propiedades de anaplasia, invasión e metástase.[1] Maligno(a) é un termo médico adxectivo usado para describir unha doenza grave e que empeora progresivamente. O termo é máis comumente utilizado para a descrición do cancro. Un tumor maligno pode ser contrastado cun tumor benigno non-canceroso. Tumor maligno é un sinónimo de cancro.